miércoles, 14 de julio de 2010

O "Cartafol de Néboas" xa é unha realidade


Por fin. Xa teño nas miñas mans o meu desexado libro de poemas.
Máis de medio cento de poemas sobre temas diversos que forman parte do meu propio cosmos sentimental. Un excelente prólogo de Xulio López Valcárcel, unha introducción miña chamada “Confesións dun traficante de versos”, e unha foto de Eduardo Touriñán. Todo isto conforma este “Cartafol de Néboas”, a primeira edición da Editorial Anosacosta.

A verdade é que foi un momento moi emotivo recibir os primeiros exemplares, despois de escribir, corrixir, e as probas editoriais. Agora só desexo que lles guste as personas que decidan viaxar o traverso das súas páxinas.

Quedan para setembro as datas de presentación do libro, pero xa se está comercializando a traverso da tenda virtual de http://www.anosacosta.com/. Tamén en breve chegará a un bó número de librarías. De todo o que vaia sucedendo irei deixando aquí constancia. E gracias anticipidas se decides mercar o libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario