Cumprir os 18 anos fíxome bastante ilusión, e pensei que cumprir 36 me faría o dobre pero nada de nada.
Foi en agosto de 1974. Era martes. Son Leo aínda que segundo os chinos nacín no ano do tigre. Non teño preferencia nin por un animal nin polo outro. O conto é que xa sumo 36 anos.
Tradicionalmente agosto sempre foi un mes inhábil. Cada vez menos. Para mín é o mes de vacacións e niso andamos, aínda que seguimos co motor acendido e sen desconectar completamente.
Pero iso sí, entre paseos pola praia, lecturas, praceres culinarios, unha excelente compaña e algunha viaxe prevista, a verdade é que se nada se torce, o mes está servindo para cargar pilas e comezar en setembro a tope.
Agora a celebrar os meus 18, perdón 36 anos.
moitas felicidades trabeiro.
ResponderEliminar