Descanse en paz o ilustre, Isaac Díaz Pardo.
Quero expresar a miña máxima admiración pola súa traxectoria, porque persoas coma él dignifican a un país. A súa biografía fala por si soa.
Non coincidín nin conversei demasiadas veces co insigne artista e galeguista, pero hai unha ocasión que me quedou marcada a lume na memoria, e que me viña a cabeza cada vez que sabía algo de don Isaac.
E hoxe retornou aquela noite de 1993 en Sargadelos. Un recital poético por mor da presentación de “Luzes de Galicia”, no que participei xunto co meu irmán, Rafael, e varios persoeiros do mundo literario coma Manuel Rivas. Alí coñecín e Díaz Pardo. Sorprendiume o seu vitalismo. Era un pozo de sabiduría que me daba ánimos para escribir.
Gracias ao interese de Manuel Rivas e o apoio de Isaac Díaz Pardo, poiden publicar un humilde poemario chamado “Os Dentes da Noite”. Noutra ocasión visitei o seu laboratorio creativo. E volviunme a encontrar cun vello guerreiro ao pe da trincheira. Foi outra conversa que lembrarei sempre. Desas que alimentan os paxaros que levas dentro pero que tamén che fai pedir que a inspiración che colla traballando.
Non son ningún intelectual nin literato de renome, pero a miña conciencia dicíame que tiña que escribir estas liñas e rezar unha oración por alguén que fixo moito por Galicia, e foi exemplo, estímulo e apoio para moitos poetas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario