lunes, 16 de enero de 2012

Os versos de Manolín


Chegoume o novo libro de Manuel Oliveira.




Manuel Oliveira Gómez ten o mérito de deitar os seus soños sobre papeis en branco. O vello buzo baixa as profundidades da poesía a pescar metáforas, a capturar palabras para aliñar tantas anécdotas e vivencias que acumula.

E iso para mín ten moito valor. E pelexou para que estes seus versos virán forma de libro, por segunda vez, e co apoio inestimable do concello de Corcubión.En “Abismos do corazón” podemos encontrar no que o autor define como nostalxias, soños e realidades. Precisamente algo que buscamos tódolos poetas (se me permiten usar este honorable título na miña persona), e unha das esencias da arte mesma.


Manolín verque os seus pensamentos, as súas lembranzas, e opta polos vieiros da lírica en tempos nos que escribir poemas resulta excasamente productivo en termos económicos e sociais. Pero este home non se rinde e coma outros moitos segue sementando letras. Porque a moitos a poesía axúdanos a vivir e pensamos que segue a ser unha arma cargada de futuro. E hai que seguir resistindo.


“Non fondo do mar, moitas veces, as máns servíronme de ollos”. Quédome con este pequeno fragmento para trasmitir unha das ideas motrices do volume destequerido amigo que continúa galopando polos territorios do alfabeto.

“Abismos do corazón”, recolle creacións publicadas en dous idiomas. Son os soños en tinta, dun veciño noso. Manolín compatibiliza a súa paixón polo fútbol como adestrador admirado e respetado polo campos da costa (actualmente no Camariñas C.F.) co seu vicio de escribir. E agora quere compartir eses sentimentos connosco. Eu xa o lín e agradézolle que siga en activo. Noraboa míster!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario