lunes, 27 de febrero de 2012

Días de versos con Manolo Rivas



Recital en Vimianzo con Manolo Rivas. !Xa pasaron 20 anos!




Desde os once anos que lle collera ao meu irmán uns libros de Rosalía e de Bécquer, aquela droga da poesía comezoume a enganchar. Ata convertirme nun ionki dos versos.

Encontrei unha foto que me encheu hoxe  de lembranzas. Un recital poético no Instituto de Vimianzo fai aproximadamente 20 anos. Compartindo tribuna con ese gran escritor chamado Manolo Rivas e cos acordes de Simón Santos, compañeiro no grupo SobreKarga.

Días de intensidade poética. Coñecer naquelas datas a Manolo Rivas foi para min un acontecemento. Tiven a fortuna de dialogar pero sobre todo de escoita-lo durante varias ocasións neses anos. Coñecinno dunha maneira casual na Ponte do Porto. Mellor dito, vinno na rúa e presenteime. Eu acabara de ler "Un millón de Vacas" e pedinlle que mo asinara. Así comezou o conto.

Doume consellos que ainda hoxe conservo na miña axenda mental. Coa súa “flor de toxo” pateaba a Costa da Morte, que logo foi impregnando unha parte da súa obra.

Foi un estímulo naqueles días de rocanrol e poesía. De soños e utopías. De enerxía vital. Do milagro de poder ver como uns amigos chutaban decibelios nos teus versos, de concertos e recitais, e de poder facer realidade a publicación de “Os Dentes da Néboa” onde sempre digo que o mellor é o prólogo do amigo Rivas.

@xmlema 


No hay comentarios:

Publicar un comentario