Hoxe tropeceime cunha película estreada fai trinta anos.
Hai coincidencias
estupendas. Ordenando uns efectos persoais que gardaba nunha caixa de zapatos,
encontreime cun DVD dun filme que vira fai uns cantos anos, atraído porque se
trataba dunha película española que tiña un Óscar. Sendo sinceiro tamén
resultou atractivo saber que había referencias ao meu equipo de fútbol, o
Sporting de Gijón.
Casualmente volvín
a ver a película trinta anos despois de que fora estreada en España. E puiden degustar a obra de José Luís Garci
na súa debida intensidade. O argumento é bastante lineal pero o aderezo das
paisaxes, a nostalxia, as conversas, o seu transfundo e as mensaxes de que o
amor vence ao tempo enriquecen unha historia que estremece e emociona.
Coma un bo viño, décadas
despois segue transmitindo sensacións. As interpretacións de Antonio Ferrandis,
Encarna Paso e José Bódalo son excelentes. Aínda que (no aspecto cómico) é de
destacar o papel de Agustín González
como o xerente do hotel onde se hospeda o premio novel Antonio
Albajara(Ferrandis).
Hai un momento que
me quedou gravado cando o escritor utiliza unha cita; “Los hombres y las
mujeres son capaces de amor hasta el último momento de sus vidas”. Fantástico reencontro.
EN TWITTER @xmlema
No hay comentarios:
Publicar un comentario