domingo, 4 de marzo de 2012

Verbas para o Cartafol


El Correo Gallego volve a falar do meu libro.


Aparecer nas páxinas do prestixioso xornal compostelán sempre é un orgullo, pero máis cando xornalistas coma Xoán Salgado asinan un artigo falando dun libro humilde pero cheo de esforzo como é o “Cartafol de Néboas”.

O domingo 4 de marzo o poemario volveu a ser noticia neste xornal. Aparte dunhas notas biográficas do autor, o artigo entra de cheo do que considera as dúas liñas básicas do libro: A denuncia social e os poemas íntimos.

Xoán Salgado fala dun autor (eu) que escribe desde a emoción e non desde a impresión, e cuns textos “con moi logrados arrecendos a Lorca ou a Manuel Antonio”. Para o ilustre xornalista “Cartafol de Néboas é sen dúbida fillo do bravo mar da Costa da Morte e da emoción do autor”.



Non que me queda máis darlle as gracias ao xornalista e a El Correo Gallego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario