O mar.... coas súas mans brancas cheas de vento.
Góstame
o mar. Non me imaxino unha vida sen el. Pero un mar efervescente, bravo e
rebelde. Con esa forza que se apaga nas rochas en melodías escumosas. Coas súas
mans brancas cheas de vento.
Necesito
ese alimento. Goza a alma absorbendo polos ollos tanta vida. Pero tamén se
enche o corpo de ronseis de salitre e aire puro. Quédame a uns quilómetros,
pero non renuncio a verlle a súa cara líquida e xigante. Cando podo, busco un
cornecho entre as pedras milenarias e asisto expectante a súa función
permanente.
Adoro
ao Mar.Porque dáme forzas e ao mesmo
tempo reláxame. Porque me fai sentir ben degustando os seus sabores
misteriosos. E coma un imán atráeme
preto do seu mundo. Coma se algún día me quixer descrubrir os seus secretos.
Ségueme en Twitter @xmlema
No hay comentarios:
Publicar un comentario