Días de elefantes.
Leva unhas semanas alí. A saída
de Vimianzo, na estrada xeral en dirección a Camariñas. Un elefante construído para
unha comparsa de entroido que loce orgulloso xunto unha casa. Houbo quen me
preguntou se se trataba dun reclamo comercial.
Hoxe lembreime do simpático elefante
“artificial” de Vimianzo. Gústanme estes mamíferos, que destacan pola súa
envergadura(trompa, colmillos), a súa memoria e o seu cerebro duns cinco kilos de peso.
Hoxe lembreime do elefante de
Vimianzo, que chama a atención dos conductores que pasan pola zona. E dos demáis
elefantes do mundo. E tamén pensei no
mal exemplo que dou El Rei do territorio no que vivo, precisamente nun asunto
relacionado coa matanza de elefantes. Sentín pena, decepción e bochorno por
esta actitude, como creo que sentiu unha parte moi grande dos seus súbditos.
Sexan monárquicos ou republicanos.
E mentras estea alí, o elefante
de Vimianzo lembrarame este triste capítulo da historia de España
No hay comentarios:
Publicar un comentario