Novo falecido nas augas da Costa da Morte.
Esas mans de vento e escuma volven a arrebatar a un dos nosos. Naquela zona onde deixaron a vida os mariñeiros do Serpent ou do Irish Hull, abriuse o libro da morte para anotar un novo nome.
Nese volume milenario aparece xa o nome de Ovidio Lema. Nesta ocasión, un veciño da Ponte do Porto, aficionado a pesca deportiva, arrastrado polas mans bravas e líquidas da Costa da Morte. En paz descanse. Despareceu este mércores e foi localizado no mediodía do xoves.
Un novo golpe. Un novo defunto do mar. Unha páxina enloitada na nosa historia que me fai lembrar hoxe, a el e a tódolos que se foron antes.
@xmlema
No hay comentarios:
Publicar un comentario