martes, 3 de julio de 2012

Perfecto Pereira


Histórico músico das Terras do Xallas.



Aquel neno xalleiro que cantaba nas festas de xeito espontáneo acabou sendo unha flor que agromou no mundo das orquestras galegas. Era un diamante en bruto que alguén soubo incorporar a Orquesta Santa Comba. E alí iniciouse unha fabulosa singladura polas verbenas galegas. Foron rebautizados como Los Dinámicos ata que a historia rematou. Pero Pereiriña, o mozo autodidacta cunha voz potente e un estupendo sentido do ritmo e da melodía, integrouse en Los Panters, e logo en Los Seikos.

Non abondou con cantar, senón que acabaría tamén tocando a batería nunha orquestra de sete compoñentes e “cino metais”. O de Perfecto Pereira tamén ten moito mérito. Nas súas pegadas aliméntase unha parte da historia viva da música en Santa Comba e en toda a bisbarra.


E desa xente sobre a que me gusta escribir. Un caixón de anécdotas. De multitude de actuacións sen parar, do afecto ganado día a día, canción a canción.

Non vivín aquela época onde os altavoces se penduraban dos carballos. Onde os músicos eran como heroes para os nenos, e comían repartidos polas casas dos pobos. Pero gardo un documento sonoro de excepción. Un CD coas cancións de Pereiriña y Los Seikos, que haberá que gardar coma ouro en pano. Nese CD feito a base dunha vella cinta, rezuma o arte de Perfecto Pereira e dos seus compañeiros.


Outro artigo sobre Perfecto Pereira en www.radioxallas.blogspot.com 


EN TWITTER @xmlema

No hay comentarios:

Publicar un comentario