Un festival que ten que mirar para adiante.
Unha fin de semana de abafante sol que convidaba a calquera cousa menos a estar suando no Multiusos de Santa Comba. Calor no auditorio, fútbol na TV. Pero aínda así confírmase o interese por ese Festival da Canción Xalleira que xa cumpre a súa cuarta edición. E os que estivemos alí podemos dar fe. Do interese e do calor.
Lémbrome como arrancou a iniciativa do departamento de Cultura de Santa Comba. Porque fun eu , en maio de 2008, o encargado de presentar aquela primeira edición, que non foi un concurso senón unha homenaxe a xóvenes intérpretes da zona como Alba Caamaño, Fran Allo, Iria Bermúdez ou Sonia Pazos. E tamén para grandes músicos como don José Amigo ou os componentes de orquestras e grupos xalleiros como Los Panters, Los Dinámicos, etc…
O conto é que aquela historia, foi un éxito e sorprendeu os propios políticos que optaron, creo que acertadamente, por un formato de concurso. E xa van catro edicións. Todas cun aprobado alto. Aínda que ao mellor, agora, é o momento de ir pensando, sen presa, en innovar algo neste gran Festival.
Porque eu non creo nese refrán que di que o que está ben é mellor no toca-lo. O que está ben e se prolonga no tempo, non debe de sufrir cambios bruscos nin revolucións, pero os retoques e os “liftings” en positivo garantirán a saúde e a perdurabilidade das cousas.
P.D.) O domingo 1 de xullo celebraráse a final deste Festival. E non a penso perder.
P.D.) O domingo 1 de xullo celebraráse a final deste Festival. E non a penso perder.
No hay comentarios:
Publicar un comentario