O pasado venres asistín a presentación de “Vidas Privadas”.
Gústame o teatro aínda que non son un asiduo espectador. Pero a maioría das veces que me acerquei a Compostela ou a Carballo (Neste último caso para asistir a funcións do FIOT) disfrutei coma un anano. Polo tanto cecais a miña opinión non teña máis valor ca dun simple aficionado e curioso xornalista.
O pasado venres 8 de xuño saín do Multiusos de Santa Comba cun bo sabor de boca, pola representación que nos ofreceron as persoas que compoñen o grupo The Puntillas. Unha inquedanza dunhas cantas xalleiras (e algún xalleiro) que co apoio do departamento de Cultura do concello de Santa Comba, converteuse nunha Escola de Teatro Municipal con esencia e con arte.
Baixo a laboriosa dirección de Xan Martínez veñen aproveitando a oportunidade e traballando para poder ofrecernos unha obra en condicións. Porque “Vidas Privadas” é unha función divertida, entretida e dinámica.
Quero aplaudir o compromiso e a paixón que amosan tódolos membros deste colectivo, e suliñar que quedou claro que seguen subindo chanzos no mundiño artístico e evolucionando desde o primeiro día.
E que debemos de dárlle-lo noso apoio para que continúen con este avance.
Ánimo, The Puntillas … que siga a función
Ségueme en twitter @xmlema
foto- The Puntillas -Facebook
No hay comentarios:
Publicar un comentario