lunes, 18 de junio de 2012

Unha estupenda noticia

Un poema meu gaña un concurso en Euskadi.

Estaba eu na Ponte do Porto. Viña de camiñar e senteime a ler un xornal para recuperar folgos. Cando recibín unha chamada que me alegrou a o serán do sábado. Desde a Irmandade de centros galegos de Bilbao o vicepresidente desta entidade, José David Fidalgo,comunicábanme que o xurado do certame “Anduriña Voandeira” me elixira como gañador do mesmo.


A verdade é que me fixo moita ilusión, que uns versos inspirados na costa de Camariñas e Corme fai uns meses e maceirados no meu laboratorio creativo de Santa Comba, acadaran este recoñecemento.
Porque “Os salaios dos náufragos” conforman un poema longo de homenaxe os mortos no mar que cada noite rememoran as súas singladuras. No poema “os defuntos habitan o mundo mariño e falan no idioma do vento. Existen en illas de sal, auga e algas”.


Comparto hoxe cos meus queridos amigos e lectores esta noticia e agardo poder tamén compartir moi pronto estes versos no meu blogue.

2 comentarios:

  1. Moitas felicidades, e deseo-che mais éxitos, un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. PArabéns Xosé Manuel.
    Convídote a visitar a páxina en facebook da Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto, onde imos dar conta da noticia.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar