miércoles, 6 de junio de 2012

Sobre Eugenio Karkallón


Karkallón tamén leva anos camiñando entre a néboa. 



Chámase Eugenio. Karkallón e o seu nome de guerra. Un persoeiro interesante. Sabe quen me coñece que son especialmente sensible e sinto case devoción por esas persoas que teñen ilusión por abrir as portas do coñecemento.

Eses novos románticos, que avanzan enriba da egua azul dos soños. Xente que con vocación altruista traballa arreo en determinados campos de batalla. O de Eugenio é un campo complexo, porque está na raia entre o coñecido e o descoñecido. Nos vieiros da Galicia esotérica.

¿Que fai un asturiano-coruñés con vencellos xalleiros armado con cámaras de vídeo e fotografías, grabadoras dixitais e unha paciencia infinda?

Pois camiñar entre a néboa da normalidade, dos dogmas e das cousas doadas. Alimentar a voraz vida interior que posúe. Entre sombras e parafonías. Leva anos cun blogue que coñecín gracias ao amigo Javier   Bouzada e que aconsello desde aquí  http://karkallon.blogspot.com.es/

Confeso que non teño os ouvídos moi ben afinados. É a  herdanza de tantos anos cuns cascos metidos nas orellas e con música a toda mecha. Comprendo que cadaquén pode ser máis ou menos escéptico. Pero o traballo de Karkallón está aí e ten ,para mín, un valor inmenso. E quero aplaudi-lo.

Grazas Karkallón


P.D.) Podedes ler a entrevista que lle fixen a Eugenio en




No hay comentarios:

Publicar un comentario