martes, 5 de junio de 2012

A marca vermella da morte

Comparto convosco esta foto e o seguinte post.


Aínda que vos pareza raro non o sabía. Imaxineimo, pero quén mo confirmou foi un veciño da zona. Esta fin de semana en Moraime, sobre o prado que hai xunto o antigo mosteiro muxián a miña cámara captou a un grupo de ovellas.

Media ducia delas estaban "tuneadas" cunha grosa franxa vermella. Non é cuestión de moda nin de gusto do seu propietario. Son as ovellas seleccionadas coa marca da morte. Elas recreábanse na tarde soleada, unha e outras, sen saber cales eran as elixidas.

Ignoraban o seu futuro. Como nos podemos ignorar moitas cousas. !Que importante é a información e o coñecemento!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario