martes, 12 de junio de 2012

Ramón Astray

Post adicado ao pintor afincado en Santa Comba, Ramón Astray.



Hoxe quero convidarvos a visitar a web dun interesantísimo artista galego, afincado en Santa Comba e ao que teño o gusto de coñecer e ao que entrevistei fai un par de anos.

Refírome a Ramón Astray, que conta cunha densa singladura artística. Este pintor expresionista con carácter realista, como el mesmo se definiu, conta cunha importante traxectoria que vos convido a coñecer na súa web.
 
 www.ramonastray.com

No ano 2009, con motivo dunha exposición en Santa Comba, eu escribía esta pequena reflexión para a web www.anosacosta.com, e que segue tendo vixencia.Hoxe, lembrei do aprezado Ramón ao que lle desexo desde aquí unha fructifera viaxe polos océanos da imaxinación.

Comentario en Anosacosta-Ano 2009
 

“Os cadros de Ramón Astray son coma unha fiestra aberta a imaxinación, as miradas baleiras dos seus protagonistas son como recunchos de liberdade para que calqueira de nós poidamos interactuar no lenzo, son parte da historia que nos propón este excelente pintor que temos a sorte de acoller na Terra do Xallas. Aparte do seu dominio artístico, que deberán de xulgar outras persoas máis acreditadas, personalmente supuxo un gozo para o espíritu disfrutar destes cadros. Que por certo, teñen unha potente esencia made in Costa da Morte”.


Ségueme en twitter @xmlema

No hay comentarios:

Publicar un comentario