lunes, 4 de junio de 2012

Aquela foto que me impresionou

Obra de Foto Blanco recollida nunha das guías de Castroviejo.


Aínda que fai tempo que sabía da sua existencia, esta fin de semana tiven nas miñas mans a “Galicia: Guía espiritual de una tierra” de José María Castroviejo. Uns textos excelentes e algunhas fotografías de impresión.

Castroviejo publicou este libro en 1960, na editorial Espasa Calpe, realizando un extraordinario traballo de  campo e recollendo tamén importante información nos andeis da historia.O mellor é bucear neste tomo de máis de 600 páxinas.

Falando de fotos, precisamente unha desas instantáneas foi a que me causou unha grata impresión. Unha imaxe dunha rapaciña enriba das vellas lápidas do cemiterio de Carantoña-Vimianzo. A imaxe é de Foto Blanco. Extraordinaria, impresionante. Non teño palabras.

A fotografía ilustra o perfil de Facebook de www.cronicasnerias.blogspot.com



1 comentario: