sábado, 16 de marzo de 2013

Unha luz vermella menos


Desapareceu ABC Punto Radio e cando se apaga a luz vermella dunha radio perdemos liberdade.



Cando desaparece un medio de comunicación, todos perdemos un pouco de liberdade.

Cando se apaga a luz vermella dunha emisora sempre estamos ante unha mala noticia. As veces apáganse pola presión do poder como sucede en Venezuela ou noutros paises, e outras pola situación económica ou polo fracaso empresarial.Pero cada vez que pecha unha emisora de radio ou un xornal tamén é un fracaso da sociedade.

Esta vez tocoulle a ABC Punto Radio. O pasado xoves remataba a súa travesía.


É unha noticia triste, e para min máis. Moitos recordarán que no anterior proxecto radiofónico no que participei, uns anos dese proxecto radicado en Santa Comba, formamos parte de Punto Radio Galicia. Tiven a oportunidade de compartir algunhas misións nesta radio que hoxe xa non existe. Foi unha iniciativa interesante pero o tempo determinou que hoxe sexa unha lembranza.


Son tempos duros para o xornalismo. Cada día, alguns compañeiros vanse para o paro. E claro, vostede me dirá que esta situación se repite en tódolos sectores. Sí, é certo, pero se non temos estradas non podemos circular debidamente, e senón temos medios de comunicación, diversos, distintos e plurais,  as tuberías da democracia atascaránse.

E iso non o podemos esquencer nunca, para non volver atrás.

Onte asistíamos ao soterramento de ABC Punto Radio. Mañán podemos ser nós ou outros compañeiros. E con cada peche a liberdade de expresión sugrirá un golpe máis. Porque a prensa é a artilleira da liberdade non o esquenzan.


Comentario do venres 15 de marzo no programa Na Encrucillada-Radio Obradoiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario