lunes, 4 de marzo de 2013

Historia de Santa Comba de Xallas

Cúmprense dez anos da publicación deste volume coordinado por Manuel Quintáns.




Ese libro verde de case oitocentas follas denominado “Historia de Santa Comba de Xallas” cumpre este ano a súa primeira década de existencia.Falamos dunha publicación indispensable para coñecer a historia e a identidade da Terra do Xallas. Foi en 2003 cando se tirou do prelo, pero todo ten o seu proceso. 


Así o lembra o exalcalde de Santa Comba, José Toja Parajó.“Coa desaparición das rectorais estábase perdendo unha parte da historia de Santa Comba e decidimos recopilar toda esa información e plasma-la nun libro”.Outro reto nesas datas era dotar a Santa Comba dun escudo e dunha bandeira.“Contactamos con Manolo Quintáns e a cousa botou a andar” sinala Toja.


E para Manuel Quintáns Suárez (nacido en Vilarnovo de Freixeiro coma José Toja) foi unha experiencia moi agradable.

“Foi algo que me entusiasmou. Unha das cousas que fixen con maior  satisfacción na miña vida” comentoume o prestixioso historiador.

Quintáns indica que “Pretendía devolverlle algo do que eu sentía que lle debía Santa Comba”. E ademáis era necesario recoller “toda a documentación posible” para poder ter unhas bases sólidas para o escudo e a bandeira.


Na “Historia de Santa Comba de Xallas” colaboraron distintas persoas, aínda que houbo dúas historiadoras “bolseiras” contratadas durante dous anos polo concello de Santa Comba e que desenvolveron o traballo de campo deste obra fundamental coordinada polo profesor Quintáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario