jueves, 29 de mayo de 2014

As exitosas aventuras cotiáns dos Bolechas

Unha serie infantil que conecta cos nenos e nenas de Galicia..



Aquela idea que comezou a coller forma un domingo na casa de Pepe Carreiro convertiuse nun auténtico éxito editorial, con importante repercusión mediática e que se trasladou a TV e a outro tipo de actividades.


“Os lectores teñen os Bolechas como se foran da súa familia” afirma o seu creador. “A idea era facer unha familia numerosa atípica que protagonizara historias cotiáns” comenta Pepe Carreiro, que deseñou un produto “para que os primeiros lectores se divertiran” e que acabou “collendo moita forza”.




Seis irmáns e o can “Chispa”. Carreiro estaba decidido a que nesta historia tiña que haber un animal, para “dar unha visión obxetiva e distinta das cousas”. Atinou. Porque é dos persoeiros “que lle resulta máis simpático os nenos”.


Uns nenos que seguen con devoción a estes protagonistas, como se puido comprobar na presentación de “Os Bolechas van a Santa Comba”, editado por este concello.Os libros de “Os Bolechas” levan vendidos máis de millón e medio de exemplares. Series en TV, discos e eventos multitudinarios aos que acoden cun autobús de doble planta, estilo londinense e un curioso Renault 4.


E que Os Bolechas son un fenómeno en Galicia. E tamén en Portugal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario