viernes, 2 de mayo de 2014

Veteranos Terra de Xallas

Cumpren quince anos de existencia.




O clube de fútbol veterano “Terra do Xallas” cumpriu quince anos de existencia e celebrouno como a eles lles gusta, xogando ao fútbol. Aproveitaron o festivo do primeiro de maio para xogar unhas “pachangas” en “Fontenla” entre persoas que vestiron a elástica verde durante estes anos e como colofón, celebrouse un encontro contra os veteranos do Real Clube Deportivo da Coruña.


Ganaron os herculinos pero o resultado era o de menos. Era unha xornada de celebración para unha entidade que esta tempada pelexa polo campeonato na primeira liga da asociación de fútbol veterano de Santiago de Compostela.




O seu presidente, Pedro Fernández Santos xa o contaba fau uns días na sintonía de Radio Xallas




Pode escoitarse a entrevista desde o minuto 1:01:00 de emisión


Desde aquí a miña mais sinceira noraboa por todos estes anos de vida e ánimo para cumprir as vodas de prata.

No hay comentarios:

Publicar un comentario