domingo, 15 de julio de 2012

Día de confesións


Hoxe quero confesarvos algún sentimento...



Estou nunha etapa chea de ilusión e de actividade. Despois de meses de dúbidas e adicado a producción literaria e ao proxecto de botar a andar un blogue sobre curiosidades históricas e episodios de misterio, botaba en falta seguir enganchado a un micrófono.


Porque desde que probei ese caramelo con 15 anos, quedei atrapado no mundo da radiodifusión. Alternei medios e colaboracións ata que iniciei a etapa de Cadena Noroeste e Radio Líder que se prolongou durante unha década. Lástima que todo ese esforzo e incluso o recoñecemento público chocara coa falta de medios técnicos e un concepto estraño da radio por parte dos seus xestores.


Sempre quixen contar esa historia e aclarar varias cousas. Pero o feito de que aparecera o Grupo Correo Gallego no meu camiño, doume tanta ledicia e concéntrame tanta enerxía que non teño gañas de falar dun pasado nunha emisora, que tivo moitas cousas boas e os únicos puntos negros estaban na súa cúpula, e xa digo, nunha rara forma de entender a radio. Pero cadaquén vai quedando no seu sitio e non hai mellor xuiz co propio tempo.


Para mín estar en Radio Obradoiro e traballar para o Grupo Correo Gallego supón un salto cualitativo e cuantitativo, e de inicio, xa percibín unha sensación que pode ser similar a dese rapaz que xoga na Liga da Costa e pasa a ser fichado por un equipo de varias categorías superiores.


Por eso, agora todo pode cambiar. Cecais non se actualice tanto este blogue nin sexa tan activo noutros medios que viña colaborando e incluso dirixindo (Anosacosta, Anosagalicia ou Crónicas Nerias), pero tentarei seguir alimentando estes fachos para que non se apaguen.


Porque estou moi agradecido a tantos amig@s que coma ti seguen os posts e artigos que publico na rede. E a moitas persoas que se preocuparon por min en varios meses de silencio público. Agora aquí estamos, con ansia ilimitada de seguir navegando polos mares hertzianos e polas illas da metáfora. Pero tentando non esquecer outras viaxes iniciadas e que veño compartindo contigo. GRACIAS


EN TWITTER @xmlema



1 comentario: