Hoxe quero confesarvos algún sentimento...
Estou nunha etapa chea de ilusión e de actividade. Despois de meses de dúbidas e
adicado a producción literaria e ao proxecto de botar a andar un blogue sobre
curiosidades históricas e episodios de misterio, botaba en falta seguir
enganchado a un micrófono.
Porque desde que probei ese caramelo con 15 anos, quedei
atrapado no mundo da radiodifusión. Alternei medios e colaboracións ata que
iniciei a etapa de Cadena Noroeste e Radio Líder que se prolongou durante unha
década. Lástima que todo ese esforzo e incluso o recoñecemento público chocara coa falta de
medios técnicos e un concepto estraño da radio por parte dos seus xestores.
Sempre quixen contar esa historia e aclarar varias cousas.
Pero o feito de que aparecera o Grupo Correo Gallego no meu camiño, doume tanta
ledicia e concéntrame tanta enerxía que non teño gañas de falar dun pasado nunha
emisora, que tivo moitas cousas boas e os únicos puntos negros estaban na súa cúpula, e xa digo, nunha rara forma de entender a radio.
Pero cadaquén vai quedando no seu sitio e non hai mellor xuiz co propio tempo.
Para mín estar en Radio Obradoiro e traballar para o Grupo
Correo Gallego supón un salto cualitativo e cuantitativo, e de inicio, xa percibín
unha sensación que pode ser similar a dese rapaz que xoga na Liga da Costa e pasa
a ser fichado por un equipo de varias categorías superiores.
Por eso, agora todo pode cambiar. Cecais non se actualice
tanto este blogue nin sexa tan activo noutros medios que viña colaborando e
incluso dirixindo (Anosacosta, Anosagalicia ou Crónicas Nerias), pero tentarei
seguir alimentando estes fachos para que non se apaguen.
Porque estou moi agradecido a tantos amig@s que coma ti
seguen os posts e artigos que publico na rede. E a moitas persoas que se
preocuparon por min en varios meses de silencio público. Agora aquí estamos,
con ansia ilimitada de seguir navegando polos mares hertzianos e polas illas da
metáfora. Pero tentando non esquecer outras viaxes iniciadas e que veño compartindo contigo. GRACIAS
EN TWITTER @xmlema
Merecelo. E facía muita falta.
ResponderEliminar