miércoles, 24 de octubre de 2012

Reflexións post-electorais


Algunhas reflexións sobre os comicios do 21-O.




Desde o meu punto  de vista, nas pasadas eleccións autonómicas quedaron varias cousas claras. Que o Partido Popular segue a ser a forza favorita nas nosas comarcas e en Galicia, e por riba, a perda de votos que sufriu nalgúns concellos veuse amortiguada pola caída estrepitosa de PSOE e BNG. 

No campo do marketing político, as mensaxes publicitarias do PP non me gustaron, creo que pecaron de demasiado triunfalismo, pero as da oposición aínda menos. Chegaron máis ben a enfadar ao centro-dereita que a mobilizar a esquerda. E os enfadados votaron. Feijóo saleu vivo  e aínda máis fortalecido dos debates televisivos e o “man a man” entre Pachi e Jorquera perxudicou aos dous. Desperdiciaron a campaña.


Un Presidente arroupado polo seu partido contra dous candidatos que empezaron a carreira mancados. Pachi Vázquez, que foi elixido grazas o adianto electoral, con loitas internas e coa recente herdanza adversa do PSOE de ZP. E Francisco Jorquera sobrevivindo a unha “guerra civil” política no campo do nacionalismo e que viu coma un vello gaiteiro chamado Beiras era o máis querido na romaría. O candidato do Bloque tampouco podería ser doante de carisma, aínda que ten outros valores.

Porque por moito mérito que teña a situación, que a ten,  que veña Beiras, lle gañe u pulso a UPG,  e poña contra as cordas ao PSOE e ao BNG, significa varias cousas. Que PSOE e BNG fixeron moitas cousas mal durante a lexislatura, que non souberon conectar coa cidadanía e que Xosé Manuel Beiras aproveitou este camiño baleiro para levarse un botín electoral moi importante, aínda que insuficiente para desaloxar, como quería él, a Feijóo de San Caetano.


E moitos condicionantes dan ao final a solución. Maioría absoluta de Núñez Feijóo que sobrevive a crise, debacle no PSOE e BNG, e irrupción moi potente de AGE. Ademáis, os galeguistas e nacionalistas de centro-dereita, que disque habelos hainos, seguen sen ter unha opción onde refuxiarse. Compromiso por Galicia foi un fracaso, e no seu seo, estase certificando a defunción de proxetos como os de Terra Galega, lonxe dalgunhas aventuras municipais, que non contribuiu o agardado ao derrotado plan de Xoán Bascuas. Tamén Mario Conde supuxo un fiasco, nunha terra onde moitos votantes mandaron un serio recado a clase política, ao traverso da abstención ou de apoios a forzas como Escaños en Blanco.


Con todo isto, a decisión foi a que foi, e o xogo democrático é para respetar. Ábrese unha etapa de reflexión para os perdedores que pode ser un novo camiño para convertirse en alternativa, ou senón se fai axeitadamente, pode traducirse nun via-crucis. E se  é evidente e quedou demostrado, unha vez máis, que o PP é o partido máis querido polos galegos, tamén me quedou claro que as veces as persoas non votan polo mellor, senón que apostan polo menos malo.

1 comentario:

  1. ¡Excelente artigo de opinión señor Lema! Só che faltou suliñar un aspecto máis, que son as declaracións postelectorais de certos cargos do PP.
    A señora Cospedal e outros altos cargos asumiron a victoria en Galicia coma "un respaldo a las políticas del PP en toda España", e coido que están moi equivocados, a victoria en Galicia é unha victoria exclusivamente de Feijoo ante as pouco serias alternativas que tiñamos.
    O mesmo lle podemos aplicar o señor Landeira que dixo “Santa Comba explicoulle ao señor Ucha que non o quere e que tampouco quere un goberno socialista"
    Os resultados destas eleccións non se poden extrapolar nin o eido local nin o ámbito nacional, para min esta é unha victoria dun candidato, que non dun partido político.

    ResponderEliminar