Hoxe quero aconsellarvos un blogue que me parece moi interesante.
Detrás do blogue Savonarola Miscelanea agóchase un amante dos libros, da cultura e da historia. Un home bo e xeneroso tan cheo de inquedanzas como de desexos de permanecer na tranquilidade das sombras.
Fai meses que sigo ese blogue e tamén que trato ao amigo “Savonarola”. Un auténtico “libro aberto” (nunca mellor dito) que anima aos que na complicidade da noite buscamos pálidas historias que desenterrar e deita-las, coma se foran congros, nos secadoiros do presente.
Despois de repasar un anotamento seu sobre o libro “Historia de Galicia” dese grande fisterrán que foi Ramón Marcote Miñarzo (que tamén andivo sempre rodeado de libros) non poido aguantar a tentación de aconsellarvos que visitedes este espazo web:
http://savonarolamiscelanea.wordpress.com
Sei que o meu discreto e silencioso amigo non me aplaudirá por esta miña idea, pero creo que non podo deixar de aconsellar este blogue aos meus irmáns cibernéticos. Podería facer un repaso de tantos “post” que ten ese recuncho na rede, pero coido que é mellor que invirtas uns minutos nunha viaxe polos seus interiores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario