martes, 27 de noviembre de 2012

Días de folga branca


Folga de entregas de leite en toda Galicia.


Os produtores lácteos viviron un martes atípico. Os camións cisterna non pasaron polos pobos a recolle-lo leite. Porque hai folga. As entregas están paralizadas mentras se busca unha solución nos despachos.

Aquel “ouro branco” que no seu día serviu para que moitas familias sairan adiante e labraran o futuro dos seus fillos, hoxe acumúlase nas granxas, porque o seu prezo non chega para garanti-la supervivencia des explotacíons.As vacas consumen e producen. Os gandeiros traballan e os seus produtos están presentes nos mercados. Pero a industria paga por debaixo dos custes de producción e aquí rómpese o dinamismo do sector.

O mundo rural é máis necesario ca nunca. Coa globalización e con todo o que se queira, o campo necesita xente que o traballe, que habite as súas aldeas e coide o seu entorno. Os intereses empresariais non poden menosprezar o valor do seu esforzo.

E por iso a “folga branca” ten que ser logra-o seu obxetivo. Non se trata de que ninguén venza a ninguén. Só é unha cuestión de dignidade, respeto e supervivencia. Unha cuestión de poder ter un prezo digno polo traballo de cada gandeiro.

En twitter @xmlema



No hay comentarios:

Publicar un comentario