Celebrábase o 122 aniversario do embarrancamento do H.M.S. Serpent. E quixen estar alí nun acto presidido polo Delegado da Real Liga Naval Española en Galicia, José Manuel Pato González e polo alcalde de Camariñas, Manuel Alonso de León. O escritor, membro da Liga e irmán meu, Rafael Lema foi o encargado de ler unha mensaxe escrita dun dos promotores desta homenaxe anual, Juan Campos.
E foi Juan Esteban Lema, fillo meu, o encargado de ler estes fermosos versos de Rafael nesa noite fría e chea de simbolismo.
Cando este mar era un segredo a voces,
as galeiras do ouro e máis do estaño
balizaban con pedras o seu paso
ata a foxa onde o sol encontra a morte.
Costa de faros e de cruces brancas,
os señores dos barcos de altas velas
foron deixando nomes entre as pedras,
e no fondo cadernos de bitácora.
Cemiterio onde o inglés perdeu tres barcos,
prantos fendidos entre as caramiñas.
Un capitán de Escocia ven ao mando
dun veleiro lanzal que rende a quilla
na Punta do Boi, no fero cabo,
cama mortal na costa de Xaviña.
No Cemiterio dos Ingleses, entre intervencións institucionais, versos, música do violín de Antonio Rumbo, e cantigas do coro camariñán lembramos ao Serpent. Máis información sobre este barco.
http://www.lasmanosdelviento.blogspot.com.es/2012/06/especial-serpent-en-video.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario