viernes, 21 de mayo de 2010

EL GIGANTE MARINO

Vídeo-poema sobre la Costa da Morte que se difundió en Poesía TV

A Casa das Palabras

"A Casa das Palabras" un dos poemas que se inclúen no libro. Puxen o texto, a voz e mailas foos.

jueves, 20 de mayo de 2010

José Emilio Pacheco, ese caballero de la palabra



Tenía ganas de disfrutar de una potente dósis de poemas de José Emilio Pacheco. Y esta semana llegó el momento.



José Emilio Pacheco es uno de esos autores que lamentas no haber conocido antes. Confieso que la primera referencia que tuve de él fue en 2009, cuando le concedieron el Premio Reina Sofía de Poesía.

Leí un puñado de poemas sueltos suyos que me fascinaron. Devoré con inquietud ese mismo año su excelente novela “Las batallas en el desierto”, que he vuelto a leer. Soy de los que opino que cuando un libro te gusta de verdad, el auténtico placer viene en la relectura. La visión que tiene de las cosas, el protagonista, llamado Carlitos, con su amor imposible, el estilo narrativo de José Emilio han convertido a esta obra en un libro que siempre recomiendo.

Y ahora “Como la lluvia”. Cinco libros recopilados en un mismo tomo. La fantástica visión del tiempo, de la vida y de la muerte que tiene el ilustre poeta, me hacen relajarme co la lectura. Sus versos son como la arena de ese reloj que marca nuestra pauta. Recuerdos que se acumulan, palabras que se van acomodando en nuestro cerebro.

“La mirada del otro”, “Contra el tirano”, y todas las composiciones de este libro, que recoge creaciones de entre 2001 y 2008. No es un autor prolífico, pero sus versos son intensos. Hoy he querido colocar en mi galería de favoritos a un genio, un caballero de la palabra: José Emilio Pacheco.

lunes, 17 de mayo de 2010

Coas verbas de Valcárcel e a foto de Touriñán



Xulio López Valcárcel é prologuista do meu libro. E unha fotografía de Eduardo Touriñán irá como portada.


Estou moi contento sabendo que un dos meus poetas favoritos en língua galega e tamén amigo, Xulio López Valcárcel vai a facer o prólogo para o meu libro “Cartafol de néboas”, o que me fai moita ilusión. Por certo, acabo de recibir un libro seu publicado en Laiovento chamado “Miguel González Garcés, mineiro de luz”, que pronto comezarei a ler, cando remate con “Once minutos” de Paulo Coelho.

Tamén xa temos foto para a portada. Eliximos unha paisaxe da Terra de Soneira captada por Eduardo Touriñán (As dúas fotos deste artigo tamén son del). Podes ver as súas creacións no seguinte enlace: http://www.flickr.com/photos/photoury/

E así lles mando unha aperta moi agradecida tanto a Eduardo como a Xulio, e recupero un poema de Valcárcel que me encanta.



SE ENVELLECEMOS XUNTOS


Se subo ata o teu berce
e me remonto polos anos
son neno contigo en celestes
mañás de balanzos e sinos,
préndome ao voo da túa saia
e esperto ao amor
nun mencer cheo de alas.

Máis, se envellecemos xuntos,
se desandamos o vieiro da vida
paso a paso,
mirarei nos teus ollos
o esvarar do tempo
inorde como un barco.

Se envellecemos xuntos
e desfago a madeixa dos meus días
ao teu lado
fareime confidente
do teu camiño sen pegadas,
do teu canto e do teu ánimo.
Compartirei o sal, o leito
e o abrazo,
saberei escuramente que o noso paso
polo mundo non é en van.
Se envellecemos xuntos,
se te acompaño neste tránsito,
deixarei bolboretas lenes
nas túas pálpebras cansas,
escoitarei repenicar a chuvia
nas xanelas da nenez,
sentirei a túa voz
esmorecer en calma.

Bastarame para entendelo todo
a ollada cómplice desa túa luza sen ansia.

sábado, 15 de mayo de 2010

Un xinete na tormenta


Nestas datas de arranque deste blog, recupero o prólogo que escribiu o escritor Manuel Rivas o meu primeiro libro "Os dentes da Noite"



“Un xinete na tormenta”

Xosé Manuel Lema pertence a ese tempo en que os poetas se peiteaban co vento e eran quen de ver pola néboa, cos ollos da luz que atravesa a vidraza. Ese tempo pasou e non pasou, así que non vos falo dunha ficción senón dun dos seres máis vivos que coñezo.

Entre outras bonanzas, ten Xosé Manuel a de ter a compaña dun druida (o irmán Rafael), un grupo de guerreiros(a banda de rock “Sobrekarga”, de Ponte do Porto), e todo un reino de cultura e natureza, alí onde campa a lenda: Nemancos, Soneira e Bergantiños. Témoslle lido poemas en “Blas Espín”, “O Aturuxo”(o magazine do instituto de Vimianzo) e tamén nun especial de “Luzes de Galiza”, adicado aos poetas da Costa da Morte. O que ten o lector nas mans é o seu primeiro poemario completo.

Por este sinal sabemos que alguén vén dunha estirpe de inesquecibles bardos, desde o paisano Pondal a esa rosa ferida que foi o galés Dylan Thomas ou o rebelde Brendan, vendo a traverso da néboa de Baile Átha Cliaith.

Ten algo a poesía, ese arte fermosamente inútil, de aposta tola ao longo do tempo. Baixo a treboada, botan faiscas as palabras. Estraña cousa, estraña irmandade, tan forte como o sangue.

¿Quen é ese xinete na tormenta?

Lema chámase. Dos de Nemancos. Peitéase co vento.


MANUEL RIVAS


"Os Dentes da Noite" publicouse en Ediciós do Castro no ano 1993

ISBN 84-7492-669-6


“O doce sorriso de miña nai”


Este poema, gañador do certame de Ordes 2009, será un dos que se incluirá no libro. Agardo que vos guste.


"O DOCE SORRISO DA MIÑA NAI"

Miña nai criouse nun país que cheiraba a mortos,
a velorios silenciosos nos camiños,
con resaca de guerra e pan reseso,
cun diccionario acomplexado de sachos cansados,
paseando vacas anémicas polos campos,
das duras tardes recollendo argazo.


Miña nai naceu traballando,
e sentindo no alma o suor do avó,
que falaba da batalla do Ebro,
dos tanques de Teruel,
desa nación de pantanos e rosarios.


Os versos que o vello recitaba,
con sabor a dinamita e a piollos,
tatúado polos tempos da fame
de lobos ouveando, por un futuro
visiblemente escuro.
Ollando o ceo cuberto,
desde as fiestras do caldo probe,
do tabaco negro da desgracia.

Miña nai nunca quixo chorar diante dos fillos,
para evitar que as súas bágoas nos salpicaran,
e síntome inmenso cando pronuncio o seu nome,
agradecido por xurdir das súas entranas.


O seu doce sorriso, as súas mans flaxeladas,
son a brúxula que me orienta,
catapulta que me impulsa,
a continuar cos pés firmes no camiño.


Porque miña nai teceu o meu berce de soños,
e aprendín leccións de respeto e humildade,
cando se enfrontaba soa as pantasmas da vida,
cos seus pulmóns queimados no fogón dos días.

Este poema obtivo o primeiro premio do Certame Concello de Ordes 2009.

A punto de publicar o meu segundo libro


"Cartafol de Néboas" acaba de entrar no prelo. Despois do primeiro libro de poemas que publiquei con 17 anos, e de participar en varios libros colectivos, chegou o momento de disfrutar dunha nova experiencia editorial individual.

O meu traballo como comunicador en Radio Líder(107.9FM), en Anosacosta.com, Anosagalicia, e as colaboracións en diversos medios como a Agencia Efe, absorven prácticamente todo o tempo que un posúe. Pero nunha deixei o camiño poético, porque é a miña auténtica paixón e un xeito de liberación espiritual, e nos últimos meses fúnlle roubando horas o oficio e o lecer e artellei este libro que en moi pouco tempo estará nas librarías. Quero agradecer a imprescindible axuda da miña compañeira Maribel, que co seu ánimo e comprensión, impulsoume a cruzar este río. E a tí, un fondo agradecemento por perder uns minutos lendo este blog. Convídote e seguir visitando este espazo. E non deixes de ler http://www.anosacosta.com/ .