Levo meses buceando en vellos xornais
e revistas na busca dunha serie de datos que preciso para un libro futuro e foi
cando me atopei cunha referencia de “Costa
de la Muerte” nunha primeira páxina de “El Noroeste”, xornal coruñés dirixido
por José Lombardero.
Doume a sensación de que esa cita
de xaneiro de 1904 era algo valioso. Vaia, que no medio da terra de tinta
econtreime cun pequeño tesouro. E así mo confirmou o meu irmán Rafael Lema. No
seu libro “Costa da Morte: Un país de sueños y naufragios” conta que a primeira
cita está datada no 1908, e polo tanto, no momento que escribo este artigo
estamos ante a primeira cita documentada do topónimo que dou o Nome a nosa
bisbarra.
Convídovos a ver aquí esa portada
O achádego causame ledicia e animame a seguir coa
inquendanza e investigación cultural na que levo inmerso uns meses. Este dato
non era o que buscaba, pero sempre gusta poder compartir estas cousas. E máis desta relevancia e magnitude. Así que
hai tendes este descubrimento. Agra tocar seguir a navegación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario