jueves, 31 de mayo de 2012

Descubrindo a Manuel Suárez

Segundo post sobre o activista cultural porteño.


Recuperamos outras dúas composicións de Manuel Suárez, recollidas en 1992 polo Centro Blas Espín. A caricatura é obra do coruñés Eduardo Reimúndez.





III

A un barudo gaiteiro sentín tocar,
as aves veaban polo río cara o mar.
Cando a gaita soa, do xentil gaiteiro
as mozas bonitas, de pé lixeiro
Salen a bailar.

Gaiteiro da montaña, ti que ben tocas,
hasta as pedras bailan, coas túas notas,
a música dos celtas, da gaita nosa,
enche o mundo de luz as sombras.




IV

Ou terra de Nemancos,
a dos altos penedos
a do mar ruxidor
que traga veleiros
a terra dos nerios
valentes no combate
nobles e feros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario