jueves, 31 de mayo de 2012

Unha interesante copla xalleira


Hoxe quero compartir convosco un texto que encontrei.



Esta composición data de 1917, e foi feita por Antón do Campelo, con motivo dun Concurso de gando celebrado en Santa Comba e publicado nun xornal compostelano.

Creo que é un documento interesante que convén difundir. Unha porque é descoñecido na actualidade e outra porque fai continuas referencias a aquela época. Do autor, non encontréis nada máis que esta creación.



“O meu Teixo”

A outro día de San Pedro
antes das dés da mañán,
alí, n-o campo da feira,
c-o meu becerro ei d-estar.
Moi farsante así dicía
un raparigo d-acá,
que levaba po-la corda
un touro, gran ejemplar
que do mellor d-a redonda
críanse en Xallas, en Zás,
en Negreira y en Paramos,
en Suevos y en Armán.
Verés que Teixo Valente
( así berraba o rapás).

Meu becerro e moi feitoso,
dous aniños hoxe fai
c-o vacunou o Raxado,
contra o mal d-o Lubicán,
e a Santa Comba eu o levo,
pois concurso alí vós a
c-aquel don Xan dá Cruña
intelixente en xusgar,
prepara con entuseasmo
pol-a raza e sanidá.
Van pedir qu´o meu teixo eu venda
e non o poden mercar;
en ferradiño de pesos,
non o pagan, non, caray,
¿Qué dixo Louso e Farruco
Cand-o o viron ouservar
a o Siñor de Rof Codina
na Santa Comba a mañán,
a-o presentarse a-o gran premio
en xusta legalidá,
por ser o Teixo o PRIMEIRO
como touro en padrear?
Enfén: Xesto da Carboeira
Pode decir e falar.
¿Non tolean xa pro él
As becerras de Vilar,
de Freixeiro, San Cristobo
de Randulfe e de Marsán,
de Cícere, Casadoira,
Céltigos e San Cibrán,
Illa, Barcala e A Baña,
Que mo queren atrapar?
¡Non ha querer, si é bo mozo
Non ha querer si é bó pai!



¡Ay viciños de Negreira,
De Santa Comba e de Zás!
Ay nenas, mozos e vellos
d-eiquí e da Cristiandá
¿querés un becerro agora
com-o Teixo? pois falar
c-o becerro qu-eu teño
e bon fillo dos seus pais.

Antonciño d-a Xacoba
deixa as ánemas na pás,
unha copa de xinebra
¡ay Franela d-o Pombal!
votarasme a saudiña
d-o meu touro, qu´e capás
de enamorar as becerras
d-a gran feira d-o Ceilán.

Un aturuxo botemos
por Rof Codina(Don Xoán)
orgullo d-esa gran cencia
que cur-as enfermedás
e que reparte bós premios
c-o Teixo ven a trapar.
¡Que vivan estes Concursos
e-a Comisión provincial!
¡Ey Carballeira! así dixo,
O entuseasta rapás
autor d-o palique este
c-os axabo de espricar.
E-a Salamanca vos ides
Si queres saber máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario