viernes, 18 de mayo de 2012

Inspiración no río Grande


"Los Sauces" con Enrique Carmona no río do Porto


Xa nos anos 20, Manuel Suárez “Señor Manolo do Campo” compuxo os seus versos inspirados no río Grande do Porto.

Sen dúbida estas augas coa súa procesión reincidente, a vexetación da zona do Penedo, relaxan a alma e abren numerosas portas a inspiración. Escoitei fai anos que Enrique Carmona "El Cabeza" estivera entre nós, e que pasaba xornadas enteiras de vida contemplativa e compoñendo xunto o río que alimentou a vida da Ponte do Porto. E tocando en "Los Sauces".

Era un máis, que sorprendeu, tempo despois da súa marcha, cando apareceu co trío TRIANA na televisión. Un comentario do amigo José Méndez levounos cara José Rodríguez Caamaño, e deparou na fermosa historia que nos conta en Anosacosta o meu irmán e egrexio cronista da Costa da Morte, Rafa Lema.


Seguramente Carmona levou a brisa do noso “río-mar”,como dicía Suárez que certifica nun poema seu que “Eu son da Ponte do Porto, eu son da beira do mar, onde o río leva augua de soedá”.

FOTO- Cortesía de Manuel Rodríguez Caamaño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario