lunes, 27 de agosto de 2012

21-O Eleccións en Galicia


Teremos eleccións autonómicas o vindeiro 21 de outubro.

@xmlema


O Presidente da Xunta convocou eleccións para o vindeiro 21 de outubro. Polo tanto, intensificaráse desde xa, a batalla política para uns comicios que para min teñen varias claves.

Son as primeiras eleccións nas que se examina o mandato de Alberto Núñez Feijóo. O PP ten o goberno do estado nas súas mans. Non nos olvidemos da influencia que ten isto no voto emigrante e tamén os efectos mediáticos que pode haber en posibles decisións que se tomen. O partido da gaivota ten ademáis unha maior presenza nos concellos e incluso algun poder engadido como o da Deputación provincial da Coruña. Pero aparte do que pensen os cidadáns da xestión do goberno galego, hai un factor que pesa moito, no sentido contrario: A crise, os recurtes e o desencanto social.


Feijóo sabe que non ten “contrincantes” que lle poidan roubar votos pola marxe dereita. UPyD ou CDL non contan coa infraestutura necesaria, e o proxecto de Mario Conde non estará listo para o 21-0. Pero supoñemos que será consciente de que non o terá doado.

A pesares de que o PSdG non está no seu mellor momento. Pesa como unha lousa a xestión recente dos socialistas en España e as enquisas tampouco lles conceden unha recuperación despois do fracaso electoral das legislativas. Non poderán celebrar primarias polo adianto.Pero as medidas de recurtes devolveron o contacto do partido de Pachi Vázquez coa rúa.

O BNG non está ferido pola crise, pero está fragmentado coas desercións dos irmandiños de Beiras, e de Máis Galiza. Os de Guillerme  Vázquez contan cunha lixeira ventaxa. Teñen a maquinaria preparada e o candidato, Francisco Jorquera, que xa levan promocionando como tal desde fai meses. As outras alternativas de esquerda ainda están en fase de asentamento, aínda que  a posible unión de Anova (irmandiños) con Esquerda Unida pode darlle un empuxe a esta coalición.

Mes e medio en política e moito tempo. Pero para os partidos que están preparados. Non é moito tempo para conformar unha alterrnativa, aínda que o vindeiro 21 de outubro, e tal e como é o mapa político galego, no fondo, e aínda que haxa moitas papeletas, imos a elixir entre dúas posibilidades. Que continúe Feijóo e o Partido Popular ou que asuma o poder unha alternativa de esquerdas (bipartito ou tripartito). Nin máis nin menos.

1 comentario:

  1. Trátase de cambiar de Goberno , para CAMBIAR DE POLÍTICA. Nin máis nin menos.

    ResponderEliminar