Carantoña estaba de festas. As luces amarelas da troula voltáronse negras cando pasadas as tres da madrugada, un accidente a poucos metros do campo da festa levouse a vida do veciño de Xaviña Aarón Rojo Luaces, que viaxaba de copiloto xunto con outros dous amigos.
O vehículo saiuse da calzada, impactou cun poste da luz e levouse por diante un muro de pedra. Aarón aguantouse con vida ata chegar ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Alí faleceu. Tiña 18 anos, era estudante e estaba vencellado a unha agrupación folclórica da parroquia camariñana de Xaviña. As outras dúas persoas que viaxaban no coche non tiveron danos de consideración.
Unha vez máis a estrada cobrase a vida dun mozo. En paz descanse, Aarón.
FOTOS- JUAN ESTEBAN LEMA CAMPAÑA
No hay comentarios:
Publicar un comentario