Ilustre profesor xalleiro e home
humilde e sinxelo.
O ilustre xalleiro Ángel
Carracedo volveu a ser noticia nestas datas en relación coas investigacións que
deberá realizar o seu equipo cos presuntos restos dos nenos Ruth e José. Un
experto coma el deberá arroxar luz sobre un tráxico suceso e confirmar se os
restos incinerados por Bretón son deles ou non.
O profesor Carracedo nunca deixa
de ser noticia, e sempre como unha destacada voz no mundo da xenética.
Numerosos premios e recoñecementos, e traballos que serven para axudar a
sociedade.
Pero o que tamén se agradece e di
moito desta persoa de recoñecido
prestixio é a humildade. Polo que percibo nos medios e polas dúas ou tres ocasións
nas que falei con él, Ángel María Carracedo Álvarez é un home cercano e sinxelo.
Alguén que engrandece a ciencia
galega e tamén que non esquece a súa Santa Comba querida. E por este motivo, eu
quixen facerlle a miña humilde homenaxe e pensei que non podería faltar neste
blogue.
Gracias profesor
EN TWITTER @xmlema
FOTO-Lema
No hay comentarios:
Publicar un comentario