viernes, 3 de agosto de 2012

“Tan civilizado coma os animais”


Cangrexos vermellos no río Grande.


Hai noticias que poñen a un a pel de galiña. O río Grande do Porto do que tanto falo neste blogue, porque me criei a carón del; o mesmo que inspirou a Manuel Suárez foi o esceario dunha acción terrible.

Algún desgraciado tirou cangrexos vermellos americanos no seu cauce. Unha especie invasora e letal para as especies autóctonas. Un inimigo voraz, por exemplo, das troitas. Canto desalmado hai solto.

Vénme a cabeza aquela canción que cantaba Roberto Carlos no vello aparato de cassettes que tiña meu pai: “Yo quisiera ser tan civilizado como los animales”. Aquela frase de “El Progreso” fíxome pensar moito desde pequeno, ante tantas animaladas que se ven día a día contra os nosos ecosistemas. Unha auténtica mágoa, que algúns cerebros non teñan un mínimo rendemento.

Noticia completa en Anosacosta

No hay comentarios:

Publicar un comentario