martes, 21 de agosto de 2012

Cándido Canosa


Músico porteño co que comparto amizade.



Cándido Canosa colleu de moi noviño o vicio polos misterios dos pentagramas e agora está seriamente enganchado a música. Non é de estrañar. Das orquestras da Costa da Morte a Óleo Band de Lanzarote, pasando polos míticos Sobrekarga, Distrito 15.100, Náufragos, Marea Jazz Band, Néctar, etc… Moita dose de enerxía para  non ser vítima dunha forte adicción.

Aparte de ser da tribu dos bós e xenerosos, é un apaixoado do que fai. Hónrome de ser un dos seus amigos. Compartín escearios e horas de ensaio cando formei parte desa estupenda aventura chamada Sobrekarga. E asegúrovos que é unha excelente persoa e un bó músico.

Neste agosto caloroso, volvín a encontrarme con Cándido. Esta vez compartimos micrófono no meu programa de radio. Quedei contento porque un día máis comprobo que aínda queda xente desposta a pelexar polos seus soños. Cándido coas súas melodías e coas súas partituras, eu coas miñas palabras.

4 comentarios:

  1. exelente musico,y mejor persona!!saludos!!

    ResponderEliminar
  2. exelente musico,y mejor persona Candido!!saludos!!

    ResponderEliminar
  3. Pra min foi un honor que me invitaras o teu programa e me fixeras recordar, un abrazo amigo.

    ResponderEliminar
  4. Noraboa José Manuel polo reportaxe ao noso amigo Cándido. Como di o comentario anterior "excelente músico e mellor persoa", totalmente de acordo. Saludos!

    ResponderEliminar